Carlos de la Torre, homenaxeado pola carreira +10 Marín

Marín
18 de xullo 2017

O primeiro atleta olímpico marinense, participantes nos Xogos de Barcelona 92 e Atlanta 96, será o primeiro en recibir o premio "lenda Manolo Rosales" na presentación da carreira popular

Carlos de la Torre (dereita) na presentación dunha proba deportiva PontevedraViva

O primeiro atleta olímpico de Marín, Carlos de la Torre, será homenaxeado pola organización da carreira popular +10 Marín Ence Manuel Rosales, que se celebrará o próximo 29 de xullo na súa sexta edición.

Dous días antes, o 27 de xullo, se cumplirám 25 anos da participación do ex-atleta marinense nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92. Despois repitiría presenza tamén en Atlanta 96, onde se clasificación para a final dos 10.000 metros.

Por todo iso De la Torre será o primeiro en recibir o premio 'lenda Manuel Rosales', que se entregará coincidindo coa presentación da proba popular, o vindeiro venres 21 de xullo no palco da música da Alameda.

En canto á carreira, ata o momento foron 368 os atletas que formalizaron a súa inscrición, entre eles nomes destacados como os triatletas Antonio Serrat, Vicente Hernández ou Joselyn Brea.