Carlos Pombo renova dous anos co Teucro e marcha cedido ao Cisne

Pontevedra
13 de xullo 2015

Carlos Pombo seguirá vinculado á SD Teucro as dúas próximas tempadas. É a última renovación que confirmaron dende a entidade pontevedresa. Aínda que cun matiz, se irá cedido a outro equipo para seguir formándose como xogador

Carlos Pombo no partido entre Teucro e Sinfín no Municipal Diego Torrado

Carlos Pombo seguirá vinculado á SD Teucro as dúas próximas tempadas. É a última renovación que confirmaron dende a entidade pontevedresa. Aínda que cun matiz, se irá cedido a outro equipo para seguir formándose como xogador.

Así, segundo indica a comisión deportiva do Teucro, o mozo saído da canteira do equipo pontevedrés xogará cedido no Club Balonmano Cisne, equipo recén ascendido á División de Honra Prata.

Con esta decisión, os responsables do club buscan que o lateral dereito poida contar cun maior protagonismo durante a próxima tempada e non cortar a súa progresión, ao entender que na Liga Asobal non contaría coa regularidade que necesita.

A cesión ao Cisne permitirá que siga acumulando experiencia na categoría onde xogou os últimos anos, gozando dun maior número de minutos.

En principio, esta cesión limítase á próxima tempada.