Carlos Pombo, segunda lesión na pretempada teucrista

Pontevedra
22 de agosto 2014

O lateral sofre unha escordadura de nocello. Preocupa o estado de César Armán, que este sábado será sometido a unha resonancia magnética ante o temor de que sufra unha rotura de ligamentos

Carlos Pombo no partido entre Teucro e Sinfín no Municipal
Carlos Pombo no partido entre Teucro e Sinfín no Municipal / Diego Torrado

O cómodo triunfo do Teucro no amigable disputado este xoves en Bueu (24-50) trouxo unha mala noticia para os de Quique Domínguez en forma de lesión.

Carlos Pombo pisou o pé dun rival nunha acción producíndose unha forte escordadura no seu nocello dereito que lle obriga a parar e atrasar a súa posta a punto.

Segundo a primeira exploración do fisioterapeuta do club, Javier Martín, o lateral non sufriría unha lesión de gravidade, pero será necesario esperar a que reduza a inflamación para asegurarse.

Caso diferente é o de César Armán. Se nun principio non se deu demasiada importancia á lesión que se produciu nun adestramento, agora preocupa o seu estado, e este sábado será sometido a unha resonancia magnética ante o temor de que sufra unha rotura de ligamentos no seu xeonllo.