Carmen Gómez Cortés, prata no campionato de España de acuatlón

Pontevedra
23 de xullo 2017

A pontevedresa Carmen Gómez Cortés segue a demostrar que é unha das grandes promesas do tríatlon español. De novo, volveu subir ao podio nunha proba nacional. Logrou colgar a medalla de prata do campionato de España de acuatlón, que se disputou este domingo na localidade catalá de Banyoles

Carmen Gómez Cortés (á esquerda), no nacional de acuatlón de Banyoles
Carmen Gómez Cortés (á esquerda), no nacional de acuatlón de Banyoles / Federación Galega de Tríatlon

A pontevedresa Carmen Gómez Cortés segue a demostrar que é unha das grandes promesas do tríatlon español. De novo, volveu subir ao podio nunha proba nacional. Logrou colgar a medalla de prata do campionato de España de acuatlón, que se disputou este domingo na localidade catalá de Banyoles.

Na categoría feminina, o triunfo foi para Joselyn Brea, deportista venezolana afincada en Pontevedra, que fixo unha moi boa natación, para confirmar o seu triunfo na carreira a pé. Brea gañou a proba cun tempo de 32:40, mentres que Sara Bonilla logrou o título de campioa de España (33:18). 

Carmen Gómez, nunha magnífica proba, logrou a prata no campionato de España elite (34:02) e o título na categoría sub 23.

Levaba case dous meses sen poder adestrar por culpa dunha sobrecarga no sóleo e no xemelgo, que non se termina de curar. Así que a galega enfrontaba a proba máis coma un adestramento, pero as sensacións foron moi boas dende o inicio, e iso a pesar de que tivo que saír pola peor zona e nadar algúns metros extra.

Rematou a natación segunda, pero se atascou un pouco coas zapatillas polo que comezou a correr sexta. Despois estivo cómoda na carreira, sempre por detrás de Joselyn e Bonilla. Só nos metros finais, foi superada Levkovska, para chegar cuarta e segunda no Campionato de España.

Pola súa banda, a tamén pontevedresa Henar Cons participou na proba cadete. Saíu da auga no primeiro grupo de cabeza, pero na carreira a pé perdeu varias posicións. Ao final, ocupou unha meritoria décimo sétima posición.