Catro novos talentos do Club Cisne Balonmán participaron nas xornadas de tecnificación nacional organizadas pola Real Federación Española de Balonmán (RFEBM).
Xoel Lago, Hugo Carreira, Sergio Carballo e Bruno Gómez acudiron ao Centro de Alto Rendemento (CAR) de Sierra Nevada durante o mes de febreiro, onde tiveron a oportunidade de adestrar e perfeccionar as súas habilitades.
Baixo a mirada do equipo técnico da RFEBM, Lago e Carreira, pertencentes á xeración 2009, uníronse ás xornadas de tecnificación para as categorías 2008-2009, que tiveron lugar do 10 ao 17 de febreiro.
Pola súa banda, Carballo e Gómez, da xeración 2010, participaron nas sesións dirixidas a xogadores das categorías 2010/2011, que se celebraron do 20 ao 27 de febreiro.
Todos eles gozaron dunha semana de adestramentos de alto nivel nunha contorna privilexiada.
A presenza deste catro xogadores no CAR de Sierra Nevada é un reflexo do gran traballo de formación que está a realizar o Club Cisne Balonmán.
A chamada a estes mozos tamén evidencia a firme aposta polo desenvolvemento do talento novo no balonmán nacional.