O ascenso logrado o pasado verán á Primeira División Nacional obrigou a reforzarse ao equipo feminino da Sociedad Gimnástica.
O equipo pontevedrés afronta con ilusión a nova tempada, na que regresa á segunda categoría nacional, e cun claro obxectivo, conseguir a permanencia.
Para iso a dirección deportiva da Gimnástica confirmou a incorporación de catro novas atletas que reforzarán o seu plantel.
Trátase de Andrea González, atleta junior especialista en probas combinadas; Lucía Seijas, tamén especialista en probas combinadas pero no seu caso cunha gran experiencia en competición; Ainhoa Vázquez, atleta novo pero con moito percorrido na marcha; e Marta Fernández, deportista de Ponferrada categoría promesa e especialista nos 400 valos que reside en Pontevedra por motivos educativos.
Ademais, grazas a acordos de filialidad con outros clubs, a Gimnástica poderá contar con atletas de nivel como Elba Vélez, Sara Gómez, Uxía Pereira, Iria Causín ou Carmen Gómez, todas elas pertencentes á Escola Atlética Lucense. Tamén participarán no equipo deportistas do Club Atletismo Sada completando un plantel no que terán o seu oco atletas de casa formadas na escola do clube.