O CD La Peña clasificouse para a final do Campionato de España de clubs basee na categoría sub-14 feminina despois de superar o AD Alcorcón FSF por 3-2.
Foi, con todo, o conxunto oleiro o que inaugurou o marcador no ecuador da primeira parte tras un contraataque, obrigando ás de Marín a remar en busca da remontada.
Aínda que tiveran as súas opcións para marcar, a maior parte delas bloqueadas pola gardameta rival, atoparon o premio practicamente despois do tanto rival, devolvendo a igualdade por medio de Noa González.
Co 1-1 deu comezo a segunda metade e Noa González volveu ver portaría para subir o 2-1. A falta de seis minutos para a conclusión, Aylén Belliard estableceu o 3-1.
Ante esa situación, o equipo madrileño non baixou os brazos e deu un paso adiante para asediar a portaría marinense, especialmente co xogo de cinco.
Aguantou como puido a defensa, pero a dous minutos para o final o Alcorcón puxo o 3-2 co que concluíu o enfrontamento.
O CD La Peña enfrontarase este domingo ao FS Ripollet polo título nacional, despois de eliminar ao AFS San Clemente (1-2).