O Club Deportivo La Peña está de parabén.
Na casa e ante a súa xente, o seu equipo infanfil feminino logrou o paso á fase final do Campionato de España de fútbol sala.
O conxunto marinense logrou o seu pase á fase decisiva no Pavillón SEI San Narciso, e fíxoo de maneira brillante contra o CD Cantera (Navarra), EMD La Solana (Estremadura) e UD Isleñas (Illas Baleares).
As xogadoras adestradas por Javi Pumar e Lorena Núñez pecharon a fase de grupos con 9 puntos de 9 posibles, vencendo os seus tres encontros de maneira solvente.
Así se reflicte na estatística, con 33 goles a favor e só 1 en contra.
En concreto La Peña gañou a EMD La Solana por 12-0, ao CD Cantera por 8-1 e a UD Isleñas por 13-0.
Desta forman pasarán a xogar polo título nacional nunha fase final a catro á que tamén se clasificaron Fútbol Sala Ripollet de Cataluña, FS Ciudad de Alcorcón de Madrid e AFS San Clemente de Castela-A
Mancha.
A gran cita para o CD La Peña terá lugar a fin de semana do 14 e 15 de xuño nunha sede aínda por confirmar.
O equipo marinense está composto por: Aylen Belliard, Sara Carballal, Alba Crespo, Antía Dasilva, Lía Garrido, Elena González, Noa González, Estrella Jiménez, Valeria Pazos, Noa Pazos, Aitana Reboredo e Alba Salgado.