O Club Deportivo La Peña xa sabe o camiño que lle espera ao seu equipo infantil feminino na ilusionante fase final do Campionato de España que ten por diante.
O conxunto marinense viaxará até a localidade de San Clemente, en Cuenca, tras lograr meterse entre o catro mellores equipos do país.
Foi nunha fase previa xogada na casa e que a que venceu con contundencia os seus rivais, CD Canteira (Navarra), EMD La Solana (Estremadura) e UD Isleñas (Illas Baleares).
Fíxoo de feito cun espectacular balance de 33 goles a favor e só 1 en contra.
Agora, o conxunto adestrado por Javi Pumar e Lorena Núñez prepárase para a final a catro do torneo nacional.
Tras o sorteo de competición, enfrontarase ao AD Alcorcón FSF madrileño na primeira semifinal, fixada para este próximo sábado 14 de xuño ás 10.00 horas da mañá.
De lograr vencer este encontro, xogaría a gran final nacional contra o vencedor do duelo entre o anfitrión, o AFS San Clemente e o FS Ripollet.
O encontro polo título xogarase o domingo 15 ás 11.00 horas.
🚨 𝗙𝗮𝘀𝗲𝘀 𝗙𝗶𝗻𝗮𝗹𝗲𝘀 Campeonatos de España de clubes base
— Futsal RFEF (@FutSalRFEF) June 9, 2025
📅 14 y 15 de Junio.
🆚 Encuentros y sedes.
⌚️ Horarios oficiales.
ℹ️ Toda la información, 𝗔𝗤𝗨𝗜 ⤵️https://t.co/UrFCxwFqno