Ceci descolga as botas para axudar o Marín Futsal no seu obxectivo de regresar a Primeira

Marín
18 de setembro 2025
Actualizado: 17:44

A pivot marinense, retirada do deporte de elite hai dous anos, volve ás pistas para pór a guinda ao novo proxecto do Marín Futsal

Ceci, no partido de liga en A Raña entre Marín Futsal e Penya Esplugues Cristina Saiz

Unha xogadora marinense, internacional absoluta e todo un símbolo do deporte local, descolga as botas para poñer a guinda ao novo proxecto deportivo do Marín Futsal.

O equipo marinense confirmou este xoves a incorporación, ou máis ben regreso, de Cecilia Puga 'Ceci' ás súas filas.

A veterana pívot, de 38 anos de idade, afastouse do deporte de elite a finais da campaña 22-23, cando abandonou de maneira abrupta o Marín Futsal a poucas xornadas do final da competición.

Agora, dous anos despois, decidiu regresar para axudar ao equipo da súa localidade, unindo o seu camiño de novo con Rául Jiménez no banco, o adestrador co que logrou ascender co Marín a Primeira División.

Ademais do seu pasado no Marín Futsal, atesoura unha ampla traxectoria en equipos como o Poio Pescamar, o Burela ou a Lazio de Italia, ademais de coa Selección Española Absoluta.

Ceci xa se adestra coas súas compañeiras de cara a inminente estrea da tempada na Segunda División.

Na primeira xornada de liga o Marín Futsal recibirá na Raña este sábado 20 de setembro, ás 12.00 horas, o Atlético Mercadal.