O pavillón santiagués de Santa Isabel gozou este martes co regreso á competición da Selección Galega de fútbol sala feminino, cun partido ante Cataluña no que a gran protagonista foi Cecilia Puga, Ceci.
A futbolista do Poio Pescamar logrou catro dos seis goles do combinado galego nunha clara vitoria (6-2) e no medio dun gran ambiente festivo, con preto dun milleiro de afeccionados nas bancadas.
Galicia dominou o choque desde o inicio, un dominio que traduciu Ceci nos dous primeiros goles, nos minutos 3 e 8. Villa pouco antes do descanso recortaba distancias, pero ao pouco da continuación Marta no 22 e de novo Ceci, con dous goles máis (31' e 34'), sentenciaban o encontro. Nos últimos minutos rendondeouse o marcador cun tanto máis para cada equipo.
A xogadora do Poio foi elixida MVP do partido antes de que a Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez e o presidente da Federcaión Galega de Fútbol, Rafael Louzán, entregase o trofeo a Galicia como campioas do torneo.
Ademais de Ceci participaron no encontro outras tres futbolistas do Poio Pescamar: Silvia Aguete, Charo e Jenny Lores.