O central Dídac Talens, quinta fichaxe do Cisne

Pontevedra
15 de xuño 2026

O xogador ilicitano foi confirmado este luns como novo xogador do equipo pontevedrés para a tempada 26-27

Dídac Talens, novo xogador do Cinse Club Cisne Balonmano

O Club Cisne Balonmán non descansa na planificación do seu próximo proxecto deportivo, que empeza a estar xa perfilado.

A entidade pontevedresa confirmou este luns ao que é a súa quinta fichaxe.

Trátase de Dídac Talens, central ilicitano a piques de cumprir 24 anos de idade e que acumula xa unha importante experiencia na División de Honra Prata.

O último curso defendeu a camiseta de Agustinos Alicante participando en 30 partidos de liga e anotando máis de dous goles por encontro de media.

Antes pasara por EON Alicante, BM Alarcos de Cidade Real e BM Elche.

Chega ao Cisne, asegura o club, para "sumar traballo, calidade e futuro ao equipo".

Dídac súmase deste xeito a unha lista de incorporacións que completan Juan Saco, Carlos Gómez, Luisma de Goya e Tomás Moreira xunto ao recuperado tras cesión Manu Hernández.

En total, coas renovacións, son xa 16 os xogadores que compoñen o plantel do Club Cisne 26-27.