"Tenemos un campo que está a seis minutos del centro de la ciudad, grande, con grada y facilidad de aparcamiento, sólo hay que ponerle la hierba artificial". Deste xeito solicita o presidente do Cerponzóns CF, Martín Iglesias, a Concello e Deputación que cumpran co compromiso de dotar ao campo de Chan do Monte de céspede artificial.
Así o pide o club e tamén diversos colectivos da parroquia pontevedresa, incluída unha comunidade de montes disposta como propietaria dos terreos a facilitar os trámites.
Iglesias defende que a de Cerponzóns é a opción "más económica y más fácil de hacer" para rematar co problema de masificación que sofren os campos da Xunqueira.
Esta reivindicación prodúcese tras a visita do presidente provincial ás instalacións, "donde prometió aportar el 50%", e a solicitude do Concello de Pontevedra á institución provincial para habilitar novas instalacións deste tipo na cidade.
A esperanza de Martín Iglesias é que Cerponzóns sexa un dos lugares escollidos para instalación dun novo campo de herba sintética e que os trámites se axilicen "para que Pontevedra tenga una solución ya la próxima temporada", asegura o presidente do club.