Chano Rodríguez segue a conquistar medallas para o Galaico

Pontevedra
11 de marzo 2015

O nadador vigués do Galaico logrou tres medallas de ouro no Campionato de España de Natación Adaptada celebrado en Alcorcón

Chano Rodríguez, deportista do Club Natación Galaico

O nadador vigués Chano Rodríguez segue a lograr medallas para o Club Natación Galaico, neste caso no Campionato de España de Natación Adaptada.

A piscina Prado de Santo Domingo de Alcorcón acolleu unha competición que congregou preto de 300 deportistas.

Chano foi un dos deportistas destacados logrando a medalla de ouro nos 50, 100 e 200 libre na categoría S5.

LIGA PROMESAS E LIGA BENXAMÍN E ALEVÍN

O Galaico contou nos últimos días cunha notable actividades das súas categorías inferiores.

A piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur acolleu a terceira xornada da Liga Promesas e a quinta xornada da Liga Benxamín e Alevín, coa presenza de 200 nadadores de varios clubs da provincia.