Charles é optimista sobre a súa lesión: "Non creo que sexa nada grave"

Pontevedra
28 de febreiro 2022

O atacante sufriu un golpe na súa articulación nunha acción co gardameta rival, que caeu sobre o seu xeonllo, e tivo que retirarse coxeando do campo

Partido de liga entre Pontevedra e Marino Luanco en Pasarón Cristina Saiz

Á marxe das dificultades para abrir o marcador no último partido do Pontevedra fronte ao Marino de Luanco, as alarmas de Pasarón acendéronse pasado o minuto 80 cando Charles tivo que abandonar o terreo de xogo coxeando.

"O porteiro caéuseme encima do xeonllo e dobrouma", explicou o brasileiro ao finalizar o partido. Aínda que prefería ser cauto e esperar ao día seguinte para ver como evoluciona a súa doenza e realizar as pertinentes probas, o pichichi granate quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade. "Non creo que sexa nada grave", recoñeceu.

Como consecuencia do golpe, explicou o ariete, "subíuseme o isquio na zona próxima ao glúteo". Foi esa tensión a que lle prevocó unha notoria coxera e o que acabou motivando a súa substitución. "Para estar a coxear, mellor que entrase outro compañeiro", admitiu o atacante.

Sobre o empate sen goles, Charles queda con que "seguimos dependendo de nós mesmos, xeramos bastante e só faltounos o gol", concluíu Charles que viu "inxusto" o tanto que lle anularon.