O Pontevedra Club de Fútbol afronta unha fase importante da tempada, e sábeo tamén o vestiario granate.
Así o recoñeceu este xoves Charly López na sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón, tras o adestramento do primeiro plantel pensando xa no primeiro dos duelos consecutivos en casa, fronte ao Coruxo (domingo 18, 17.00 horas).
"Estes son dúas partidos clave, se gañamos os dous pegariamos un bo salto", asegura o atacante, autor do gol do triunfo en Guijuelo no "para min o campo máis difícil de toda a liga".
Charly mostrouse satisfeito por poder ter aproveitado a ocasión de xogar desde o inicio a pasada xornada, ante a baixa do pichichi Rufo, porque "é o que queremos todos, os que xogamos menos aproveitar os miutos cando temos oportunidade".
O dianteiro granate en todo caso mira cara ao que vén "porque xogamos dous seguidos na casa" e porque "vendo outros enfrontamentos que hai e porque xa estamos en febreiro, cada partido agora é importante. Hai que tentar fallar o menos posible", sinalou.
En relación ao Coruxo avanzou que será un rival que "non nolo vai a poñer fácil. Teñen varios rexistros. Son un gran equipo", aínda que en confía en poder sacar o partido adiante.