A checa Jana Kovackova e o finlandés Oskari Paldanius triunfan en Sanxenxo

Sanxenxo
20 de outubro 2024

A final feminina do ITF World Tennis Tour Juniors de Sanxenxo protagonizárona dúas irmás, as checas Jana e Alena Kovackova, deixando unha das imaxes do torneo

Jana Kovackova na final do ITF Junior de Sanxenxo Juan Caballero

A final feminina do ITF World Tennis Tour Juniors de Sanxenxo, torneo de categoría J300, deixou unha das imaxes desta edición e tamén dos últimos anos, cun duelo fraternal.

Medíanse nas pistas do Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo dúas irmás de nacionalidade checha, Jana e Alena Kovackova, coa particularidade de que a segunda delas, de 16 anos, defendía a coroa lograda hai un ano.

O duelo con todo foi para a máis nova, Jana, cos seus 14 anos, no que era o primeiro enfrontamento en competición oficial entre ambas as dúas.

O resultado final foi de 6-4 e 6-2.

Pola súa banda á final masculina chegou un representante español, o mallorquino Izan Almazán, aínda que o título o acabou levando o finlandés Oskari Paldanius tras dous emocionantes sets que se pecharon nun tenteo de 4-6 e 6-7 (7).

Ambos os dous partidos tiveron que disputarse nas pistas cubertas de terra batida da Cultural debido ás choivas dos últimos días.

Entrega de trofeos masculina do ITF Junior de Sanxenxo