Chihiro Tanaka, un mes de proba co Poio Pescamar

Poio
17 de abril 2018

A futbolista internacional xaponesa incorporouse este luns aos adestramentos do equipo  rojillo e dáse un mes de prazo para  iintentar convencer a Marcio Santos e ao club de que ten oco no primeiro plantel

Chihiro Tanaka, xogadora a proba no Poio Pescamar Poio Pescamar FS

O Poio Pescamar conta desde este luns cunha nova futbolista, en período de proba, para o seu primeiro plantel, mentres o equipo céntrase na recta final da competición ligueira e en tentar pechar a súa presenza na Copa de España.

Trátase da internacional xaponesa Chihiro Tanaka, xogadora de 26 anos que afronta a súa primeira experiencia en Europa.

Tanaka, que actúa na posición de peche, márcase un mes de prazo para tentar convencer a Marcio Santos e ao club de que ten un oco no equipo.

É a segunda vez que o Poio Pescamar mira cara a Xapón, xa que hai tres tempadas, con Morenín no banco, mantivo durante dous meses e medio nas súas filas á xogadora Chihiro Uematsu.

Con Chihiro Tanaka integrada nos adestramentos, o conxunto vermello comezou a preparar o duelo da próxima fin de semana ante o Burela, partido que con case total seguridade perderá Silvia Aguete ao estarse a recuperar dunha doenza no xeonllo.