A ausencia da Subida a Escusa, que non se celebrará en 2026, centra a atención do calendario aprobado pola Federación Galega de Automobilismo para a próxima tempada, pero non é o único punto de atención para os afeccionados pontevedreses ao mundo do motor.
Cinco son as probas calendadas que se disputarán na comarca de Pontevedra e que contan xa con data fixada para a súa celebración.
Destaca dento do Campionato Galego de Rallyes a oitava edición do Rallye de Pontevedra.
Esta proba organizaqda pola Escudería Congostra Team Sanxenxo mantén o seu espazo no calendario situada na primeira fin de semana do mes de xuño, cos días 5, 6 e 7 reservados.
Pola súa banda no Campionato Galego de Montaña mantense como última proba puntuable a 9ª Subida a Ponte Caldelas, que se celebrará o 12 e 13 de setembro.
Aínda que a maior actividade queda reservada á categoría mixta entre terra e asfalto, os populares RallyMix.
Neste campionato autonómico figuran o 5º RallyMix de Ribadumia (25 e 26 de xullo), o sexto RallyMix de Portas (29-20 agosto) e a novena edición do RallyMix Cuntis Vila Termal (19-20 de setembro).
Consulta aquí o calendario completo de 2026 aprobado pola Federación Galega de Automobilismo.