O traballo do Tenis de Mesa Monte Porreiro viuse reforzado estes días a golpe de medalla en Tarragona.
Na localidade catalá disputouse as dúas últimas fins de semana o Torneo Estatal para as diferentes categorías, tanto de base como sénior, así como o Campionato de España e a Copa do Rei.
Competicións ás que o club pontevedrés desprazou un amplo equipo e das que regresou como un botín de cinco medallas.
Non logrou Miguel Ángel Vílchez repetir o éxito de 2025 cando conseguiu un histórico ouro individual no Campionato de España Masculino, pero o xogador do Monte Porreiro non volveu sen carga ao conseguir un bronce nos dobres masculino.
Tamén a primeira fin de semana de competición Judith Cobas, coas cores do Tenis de Mesa Pontevedra, colgou outro bronce na categoría sénior feminina do Estatal.
Pero o broche chegou nos últimos días de competición co Torneo Estatal de categoría cadete.

Aí caeron outro tres podios grazas ao bo papel de Jiaqi Guo, Matías Bentancor e Alba Prado.
Os dous primeiros chegaron á final individual da súa categoría, pero non lograron superar o último chanzo cara ao triunfo estatal tendo que conformarse cunha máis que meritoria prata.
Guo, que eliminara en semifinais á súa compañeira Alba Prado (bronce), foi superada na final por galega Lucía Saura (Narón), mentres que Matías Betancor non puido no duelo decisivo contra o catalán Roc Gibert.
A única espiña para o Tenis de Mesa Monte Porreiro foi a Copa do Rei, competición que afrontaba con gran ilusión pero na que cedeu en cuartos de final tras un duro cruzamento, pero plantando cara ao intratable líder da Superdivisión, o Real Club Priego, cun apertado resultado final de 2-3.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.