A tempada 26-27 xa ten o seu camiño debuxado para o Club Cisne Balonmán.
A Real Federación Española de Balonmán deu a coñecer este xoves o calendario de competición da División de Honra Prata Masculina na que competirá un ano máis o conxunto pontevedrés.
Os de Quiños estrearán curso en Asturias, visitando ao Balonmano Base Oviedo o sábado 12 ou domingo 13 de setembro.
Unha semana despois, o seu primeiro encontro como local será fronte a Los Dólmenes Antequera.
Será unha tempada cun único rival galego, o OAR Coruña, con partidos na xornada 13 na Coruña (6-7 decembro) e na 28 en Pontevedra (17-18 de abril), na antepenúltima cita da liga regular.
No que repescta á última xornada, o Cisne recibirá nesa data (1-2 de maio) ao Balonmano Huesca no Pavillón Municipal dos Deportes.
O calendario completo da División de Honra Prata pode consultarse na páxina web da Real Federación Española de Balonmán.
𝐂𝐚𝐥𝐞𝐧𝐝𝐚𝐫𝐢𝐨 𝟐𝟎𝟐𝟔/𝟐𝟎𝟐𝟕
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 25, 2026
Xa coñecemos o camiño da nova tempada en División de Honra Prata.
Comezaremos ante Balonmano Base Oviedo e pecharemos a fase regular no Pavillón Municipal de Pontevedra fronte ao Huesca.#XuntosAtaVoltar pic.twitter.com/j6zRzea8es