Dous anos despois de abandonar a disciplina do Pontevedra, onde despuntaba en División de Honra Xuvenil sendo aínda cadete, Coke Carrillo afronta esta tempada un reto de altura no Fútbol Club Barcelona.
O gardameta de Poio, internacional en categorías inferiores, deu o salto ao xuvenil A da entidade blaugrana, un dos seus equipos emblema que este ano volverá participar na prestixiosa UEFA Youth League.
Despois de dous anos formándose no xuvenil B, Carrilo ascende ao primeiro equipo da súa idade por diante do que foi o seu compañeiro o último ano, Pablo Cuñat.
No A, o canteirán do Pontevedra terá unha dura competencia con outros dous porteiros que manteñen o seu posto da pasada campaña, Ramon Vilà e Pol Tristán.
Ser o 'novo' dos tres gardametas pode ser un hándicap, pero iso non supón de partida nada relevante e o traballo dos tres será o que falará por eles sobre o terreo de xogo. Polo de súpeto Coke xa foi reclamado esta pretempada polo Barcelona B, da Segunda División B, para participar nun adestramento.
Un ano importante por tanto para unha das últimas perlas saídas da canteira pontevedresa.