Cómodo triunfo do Arosa (0-3) en Verín

O Salnés
08 de novembro 2015

Partido cómodo para os de Piscis en Verín. Os arlequinados conseguiron os tres puntos no José Arjiz grazas aos goles de Sylla e ao dobrete de Hugo Soto. O resultado puido mesmo ser mais avultado dado que Hugo Soto, Dani Bea, Sylla e Adrián Camiño fallaron varias ocasións para incrementar a conta

Partido entre Verín e Arosa no José Arjiz
Partido entre Verín e Arosa no José Arjiz /

Partido cómodo para os de Piscis en Verín. Os arlequinados conseguiron os tres puntos no José Arjiz grazas aos goles de Sylla e ao dobrete de Hugo Soto. O resultado puido mesmo ser mais avultado dado que Hugo Soto, Dani Bea, Sylla e Adrián Camiño fallaron varias ocasións para incrementar a conta.

Óscar ocupou o lugar de Rivas na medular. De novo gran partido do aínda xuvenil. Nos primeiros minutos o equipo vilagarcián estivo errático e permitiu que o Verín chegase a dispoñer de oportunidades de marcar.

Con todo sería o Arosa quen lograría perforar a portería contraria ao rematar de cabeza Sylla (minuto 37) un centro medido de Fran Fandiño ao segundo pau.

En apenas cinco minutos os visitantes deixarían o partido case resolto, xa que o segundo tanto chegaría ao bordo do descanso (minuto 42). Hugo Soto queda só ante o meta local, que rexeita os dous primeiros remates do de Vilaxoán, pero á terceira Hugo regatéalle e marca a porta baleira.

Xa no segundo tempo Hugo volveu marcar cunha gran vaselina (minuto 68). A partir dese momento o Arosa pasou a controlar máis a posesión do balón e crear mais ocasións. Adrián Camiño cun disparo afastado, e Sylla e Dani Bea, con senllos remates de cabeza, puideron ampliar a renda.

Consulta aquí o acta do partido.