O Concello de Soutomaior impulsa unha liña de axudas para apoiar os seus deportistas

Soutomaior
14 de xullo 2026

Poderán optar a estas axudas aqueles deportistas que compitan en modaliades individuais, en parellas, tríos ou cuartetos e que estean empadroados no Concello. O prazo pecha o 31 de xullo

Saída 7K en Soutomaior

Os deportistas empadroados en Soutomaior xa poden solicitar unha nova axuda impulsada polo Concello que pretende apoiar a práctica deportiva e sufragar parte dos gastos derivados da participación en competicións.

O prazo para facelo comezaba o luns 13 de xullo e estenderase até o día 31 deste mesmo mes. Os requistos para optar á subvención pasan por estar empadroado no municipio desde antres do 1 de xaneiro de 2026 e competir en modalidades individuais, en parellas, tríos ou cuartetos en competicións oficiais, así como en eventos deportivos competitivos de relevancia galega ou estatal.

A dotación económica total é de 8.500€ repartidos en tres liñas diferenciadas. Para os deportistas individuais en competicións oficiais destínanse 4.500€; no caso de modalidades por parellas, tríos ou cuartetos en competicións estatais ou internacionais, 2.500€; e para deportistas que participen en competicións non oficiais ou en eventos deportivos de relevancia, 1500€.

Estas cantidades, explican desde o Concello, estan destinadas a cubrir gastos en material deportivo, licenzas federativas, equipamento, desplazmientos, aloxamentos, manutención durante as competicións e outros gastos derivados da práctica deportiva como servizos de fisioterapia, medicamento deportivo, psicoloxía ou preparación física.

Manu Lorenzo, alcalde de SoutomaiorConcello de Soutomaior

O alcalde de Soutomarior, Manu Lorenzo, explicou que esta convocatoria pretende "recoñecer o esforzo e dedicación dos nosos deportistas, contribuíndo a reducir o impacto económico que supón competir ao máximo nivel".

Tamén destacou a importancia de impulsar a práctica deportiva como ferramenta de saúde, formación e desenvolvemento persoal e social.

Afirman desde o goberno local que outro dos obxectivos é impulsar o deporte base e o talento deportivo local, especialmente en disciplinas con menor visibilidade nas que os deportistas deben asumir importantes custos de material e desprazamentos.

Poderanse formalizar as solicitudes presencialmente no Rexistro Xeral do Concello ou de forma dixital a través da sede electrónica do mesmo.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora