O Pontevedra Club de Fútbol vai seguir abonado aos sábados até final de tempada, e é que por enésima vez esta campaña xogará un sábado ás 16.15 horas.
Será na antepenúltima xornada do campionato regular en Primeira RFEF, na visita do Bilbao Athletic a Pasarón.
En concreto segundo os horarios desvelados este martes para a xornada 36 de liga, o encontro disputarase o sábado 9 de maio ás citadas 16.15 horas.
Será o terceiro compromiso consecutivo no mesmo horario.
📺 𝗛𝗢𝗥𝗔𝗥𝗜𝗢𝗦 𝗬 𝗧𝗘𝗟𝗘𝗩𝗜𝗦𝗜𝗢𝗡𝗘𝗦 | 𝗝𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝟯𝟲#PrimeraFederación | #VersusELearning pic.twitter.com/dSRamBKN23
— Primera Federación Versus e-Learning (@Primera_RFEF) April 21, 2026
Antes os granates recibirán este mesmo sábado 25 de abril o Celta Fortuna tamén ás 16.15 e o 2 de maio repetirán fóra da casa co derbi fronte ao Racing de Ferrol.
Nesta ocasión ante o filial do Athletic Club, o encontro será ofrecido soamente polos servizos de streaming de LaLiga+ e FC Play.
Tamén foi escollido pola Televisión de Galicia.
Tras este choque, e á espera de confirmación oficial, todo apunta a que as dúas últimas xornadas de liga contra o Tenerife a domicilio e Real Avilés en Pasarón disputaranse en horario unificado.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.