Cortegada-Arxil, un derbi para tentar escapar da zona baixa

Pontevedra
05 de febreiro 2021

O pavillón de Fontecarmoa, en Vilagarcía, será escenario este sábado (19.00 horas) dun duelo de necesidades entre Cortegada e Arxil, ambos co obxectivo de coller distancia coa zona baixa da táboa na Liga Feminina 2

Partido de Liga Femenina 2 entre o Arxil e o AD Cortegada no CGTD Cristina Saiz

Víronse as caras moitas veces na Liga Feminina 2, pero quizais o derbi deste sábado (19.00 horas) no pavillón vilagarcián de Fontecarmoa entre  AD Cortegada e Arxil teña unha importancia extra.

Os dous equipos tratan de escapar da zona baixa da categoría, nunha loita na que ten lixeira vantaxe o Arxil cun balance de 5 vitorias e 12 derrotas polo 3-14 das  arouasanas, ocupando respectivamente os postos 12 e 13 da clasificación.

Unha situación comprometida que só aliviaría lixeiramente un triunfo no duelo de rivalidade.

No Arxil esperan de feito que este partido supoña un paso adiante para afastarse definitivamente dos postos de descenso, aínda co aviso que supuxo a derrota na primeira volta.

Mayte Méndez recupera efectivos para o partido, pero mantén a dúbida sobre o estado de María Lago, que apunta a baixa.

No Cortegada pola súa banda quérese pór fin a unha serie de cinco derrotas consecutivas, desde a chegada do seu novo adestrador. Un duelo coas espadas no alto do que só pode saír vencedor un equipo.

O partido, a porta pechada polas actuais restricións que imperan en Galicia, poderá seguirse en directo a través do Canal FEB.