Cristina Díaz-Pache, primeira renovación do Arxil

Pontevedra
23 de xullo 2023

A batería de renovacións nas filas do Club Baloncesto Arxil xa comezou de cara ao intento de asalto da liga Challenge coa confirmación de Cristina Díaz-Pache Blas, que cumprirá a súa décimotercera tempada vestindo a camiseta verde

Cristina Díaz-Pache, no partido entre Arxil e León no CGTD
Cristina Díaz-Pache, no partido entre Arxil e León no CGTD / Cristina Saiz

A batería de renovacións nas filas do Club Baloncesto Arxil xa comezou de cara ao intento de asalto da Liga Challenge.

A primeira peza confirmada foi a dunha da xogadoras clave dentro do equipo e que máis tempadas leva vestindo a camiseta verde: Cristina Díaz-Pache Blas. 

A á pivot, que a pasada campaña disputou unha media de 27 minutos por partido e unha media de 3 puntos e 2,5 rebotes, cumprirá o seu décimotercera tempada no Arxil co obxectivo de clasificarse para a fase de ascenso e "dar ese paso que nos faltou este ano".

Para iso, fai un chamamento á afección para que "siga indo ao pavillón cada partido,e darnos o o seu agarimo na pista que moitas veces fainos falta".

Desde o club, pola súa banda, destacan a súa intelixencia en defensa e ataque, e o seu traballo á hora de crear espazos para as súas compañeiras, "o que a fai unha xogadora fundamental no xogo do equipo".