Cristóbal Dios e Sonia Pariente, vencedores do segundo 113 Swim Ride Run de Sanxenxo

Sanxenxo
21 de maio 2017

A proba, Campionato Galego de Tríatlon de Media Distancia, celebrouse este domingo 21 de maio con saída e chegada en Silgar

Segunda edición do 113 Swim Ride Run de Sanxenxo Diego Torrado

Desde primeira hora da mañá deste domingo 21 de maio Sanxenxo contaxiouse co espírito do tríatlon de competición coa celebración da segunda edición do 113 Swim Ride Run.

A cita repetía como Campionato Galego de Tríatlon de Media Distancia, e nela dous nomes sobresaíron sobre o resto, os de Cristóbal Dios e Sonia Pareinte.

En categoría feminina a triatleta pontevedresa revalidou o seu título tras investir 5 horas e 33 segundos en completar os 1.900 metros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21 quilómetros de carreira a pé que compoñían en percorrido. Segunda foi María Jesús Coya a máis de 20 minutos e terceira Mónica Alarcón.

Pola súa banda na competición masculina impúxose Cristóbal Dios (4:16:21) cunha cómoda marxe sobre Luís Alberto Paredes (4:28:06) e Ismael López (4:33:17).

Paralelamente celebrouse tamén un tríatlon en distancia olímpica, no que venceron Miguel Ángel Acosta e Iria Campos.

Consulta aquí as clasificacións completas do 113 Swim Ride Run de Sanxenxo.