É unha cita xa clásica no calendario deportivo local.
O Paseo de Silgar será escenario o vindeiro domingo 31 de agosto da Milla Urbana de Sanxenxo, que celebra 25 anos de vida.
Faino asumindo a lema 'Abrazando a diversidade', xa que o evento colaborará activamente coa Asociación Neen@que presta atención a familias con nenos que teñen necesidades especiais de apoio educativo.
O diñeiro recadado coas inscricións será destinado integramente a esta asociación, segundo confirmaron na presentación da proba o concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, e a concelleira de Servizos Sociais, Paz Lago, xunto membros do colectivo Neen
"Cumprimos 25 anos e contaremos con novidades no regalo por participar, nos trofeos e tamén co avituallamento dos corredores e a animación musical", explicou Marcos Guisasola.
A Milla Urbana de Sanxenxo arrincará ás 12.00 horas co siguente orde de saída: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, junior, afeccionados e veteranos.
PLAN DE TRÁFICO
Segundo informa o Concello de Sanxenxo debido á celebración da proba deportiva vai permanecer cortado o tráfico rodado no Paseo de Silgar, desde a Rúa Madrid até Rosalía de Castro, entre as 11.00 e as 13.30 horas do domingo.
Ademais e durante o mesmo horario o acceso á Avenida Luís Rocafort estará limitado a residentes, e tamén estará restrinxida ao tráfico Rúa Madrid até a casa Consistorial. Debido a iso non se poderá acceder neste intervalo de tempo ao parking Nauta.