Cuco Rodríguez, experiencia ACB para o Peixe Galego

Marín
22 de xullo 2018

Organizador e alma máter do Campus Baloncesto Pontevedra, ademais de preparador físico do Real Betis Enerxía Plus nas tres últimas tempadas, Cuco Rodríguez deixa o club sevillano para integrarse no corpo técnico do Peixe Galego

Cuco Rodríguez na presentación do terceiro Campus Baloncesto Pontevedra
Cuco Rodríguez na presentación do terceiro Campus Baloncesto Pontevedra / PontevedraViva

Organizador e alma máter do Campus Baloncesto Pontevedra, ademais de preparador físico do Real Betis Enerxía Plus nas tres últimas tempadas, Cuco Rodríguez deixa o club sevillano para integrarse no corpo técnico do Peixe Galego.

Experiencia ACB para o equipo marinense que adestra Javi Llorente, pero tamén un preparador físico cunha longa traxectoria ás súas costas, que lle levou a pasar por equipos de LEB Oro como Menorca Basquet (ao que tamén adestrou en ACB) ou Beiramar Rosalía, o Arxil pontevedrés en Liga Feminina 2 ou a selección española sub15 e sub 16.

O adestrador vigués retorna á súa terra coa intención de axudar a un Peixe Galego que segue completando o seu plantel de xogadores e técnicos para unha tempada na LEB Prata que se presume moi esixente.