Dani López tamén sela a súa renovación co Cisne

Pontevedra
24 de xullo 2022

O novo proxecto do Club Cisne Balonmán na Liga Asobal converterase en realidade o vindeiro martes 26 coa presentación oficial do equipo. Antes desa data a entidade pontevedresa ha confirmado unha renovación máis, a do extremo Dani López

Dani López, no partido de División Honra Prata entre Cisne e Balonmano Soria no Pavillón Municipal
Dani López, no partido de División Honra Prata entre Cisne e Balonmano Soria no Pavillón Municipal / Cristina Saiz

O Club Cisne Balonmán ten previsto dar o vindeiro martes 26 de xullo o pistletazo de saída ao que será o seu segundo proxecto na Liga Asobal, tras o ascenso logrado a pasada tempada,

É a data prevista para a presentación oficial do equipo, pero antes o club pontevedrés quixo confirmar unha nova renovación, coa continuidade doutro home da casa.

Trátase do extremo dereito Dani López, que aos seus 23 anos asegura estar "moi contento de anunciar a miña renovación por un ano máis".

Dani é a peza número 14 do Cisne para o próximo curso, xunto aos renovados Javi Vázquez, Carlos Álvarez, Rubén Sequeiros, Bruno Vázquez, Carlos Ocaña, Iván Calvo, Román Arboleya, Alejandro Conde, André de Moura e Mateo Arias, aos fichados Kilian Ramírez e Gualther Furtado e á continuidade de Roney Franzini, cedido no tramo final de liga.