Daniel Chamosa, dominador do Campionato Galego de Marcha

Pontevedra
25 de novembro 2019

O atleta da Sociedad Gimnástica conseguiu unha dobre medalla de ouro na competición en pista celebrada o sábado na Pobra do Caramiñal

Daniel Chamosa (centro), no podio do Campionato Galego de Marcha en Pista
Daniel Chamosa (centro), no podio do Campionato Galego de Marcha en Pista / Jose Surribas

O Campionato Galego de Marcha en Pista celebrado a fin de semana na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal tivo un claro protagonista en Daniel  Chamosa.

O atleta pontevedrés da Sociedad Gimnástica colgouse dúas medallas de ouro dos tres metais que sumou o seu equipo.

Chamosa venceu con solvencia na proba dos 5.000 metros cun rexistro de 21:26.25, aínda que un pouco lonxe das súas mellores marcas. Con todo serviulle para vencer tanto na categoría absoluta como na Sub-23.

A outra medalla da Gimnástica chegou de man de Roi Surribas ao ser segundo na categoría Sub-18 e sexto na xeral cun tempo de 26:04.28.

Tamén destacou a actuación do mozo Anxo Jamardo ( sub-12) que quedou ás portas do podio nos 2.000 metros.