Daniel Hernández: "La plantilla es joven y quizás yo tengo que aportar esa experiencia que falta"

Pontevedra
20 de xuño 2014

O xogador, que procede do Academia Octavio, foi presentado como primeira fichaxe teucrista de cara á próxima tempada. O técnico azul, Quique Domínguez, defíneo como "un jugador que compite muy bien y al que no le tiembla la mano en los momentos importantes"

Presentación de Daniel Hernández como novo xogador do Teucro
Presentación de Daniel Hernández como novo xogador do Teucro / PontevedraViva

A Sociedad Deportiva Teucro presentou este venres á súa primeira fichaxe de cara ao próximo curso, o xogador procedente do Academia Octavio Daniel Hernández.

Trátase dun lateral dereito "polivalente, que puede jugar en los tres puestos de la primer línea", tal e como o definiu o técnico azul, Quique Domínguez.

O adestrador, que dá por pechada a primeira liña, ve en Hernández a "un jugador que compite muy bien y al que no le tiembla la mano en los momentos importantes".

Quique Domínguez: "Es un jugador que compite muy bien y al que no le tiembla la mano en los momentos importantes"

Pola súa banda o xogador, que asina por dúas tempadas retornando a un club no que xa militou un ano cando aínda era xuvenil, mostrouse satisfeito co cambio de equipo, a pesar de que aínda contaba cun ano de contrato en Vigo.

Segundo explicou en rolda de prensa, "tuvimos problemas este año, el Octavio me dio libertad para elegir y en el Teucro he visto un proyecto más consolidado y bonito".

O lateral sabe que chega a un grupo que se caracteriza pola xuventude, polo que sabe que "quizás yo tengo que aportar esa experiencia que falta".

Tras a chegada de Hernández os esforzos para reforzar o equipo azul céntranse agora "en la segunda línea y en la portería", con varias xestións que segundo Quique Domínguez están xa moi avanzadas.

SEN ACORDO PARA A RESCISIÿN DE CADILLA

A pesar de que o Teucro anunciou esta mesma semana as baixas de Miguel Sío e Dani Cadilla, no segundo dos casos a rescisión aínda non se produciu.

Segundo trasladou a PontevedraViva o propio gardameta, ao que resta un ano de contrato, non chegou a un acordo co club posto que a decisión de romper a vinculación "se debe a que el club no cuenta conmigo".