Eduardo Moledo e Santiago Gómez, reforzos para o extremo e a portaría do Teucro

Pontevedra
23 de xuño 2014

O primeiro procede do Academia Octavio, mentres no caso de Santiago Gómez ocupaba ata agora a portaría do Calvo Xiria de Carballo na Primeira Nacional

Edu Moledo na súa etapa como xogador do Cangas
Edu Moledo na súa etapa como xogador do Cangas

A Sociedad Deportiva Teucro estase a apurar na configuración do equipo de cara á próxima tempada na División de Honra Prata.

Se a semana pasada se confirmaba a primeira fichaxe, de Dani Hernández, este luns o club azul anunciou o acordo con dous xogadores máis, Eduardo Moledo e Santiago Gómez.

O primeiro deles, Moledo, é un extremo dereito de 27 anos que ao igual que Hernández procede do Academia Octavio vigués, onde estivo ás ordes de Quique Domínguez.

Edu é natural de Cangas e a pasada tempada disputou no Octavio 13 partidos nos que marcou 51 goles.

Pola súa banda Santiago Gómez chega a Pontevedra dende o Calvo Xiria de Carballo, que a pasada tempada disputou o Primeiro Nacional, e é o primeiro dos dous gardametas que pretende incorporar o Teucro.

Segundo os plans do técnico azul, aínda se tratará de fichar polo menos a outro porteiro e a un pivote antes de dar por pechado o plantel.

Moledo será presentado este martes no Pavillón Municipal dos Deportes.