Edu Moledo, presentado como novo xogador do Teucro: "Espero pelear por llegar a la fase de ascenso"

Pontevedra
24 de xuño 2014

O extremo asina por unha tempada co club pontevedrés. Asegura que se decidiu polo Teucro porque "me gusta la filosofía de juego de Quique Domínguez", con quen coincidiu no Academia Octavio

Presentación de Edu Moledo como xogador do Teucro
Presentación de Edu Moledo como xogador do Teucro / Diego Torrado

A segunda fichaxe da Sociedade Deportiva Teucro para a próxima tempada, Edu Moledo, foi presentado este martes no Pavillón Municipal dos Deportes.

O extremo dereito chega ao club azul dende o Academia Octavio e firma por unha tempada co obxectivo de "por lo menos pelear por llegar a la fase de ascenso".

Edu Moledo: "Tengo la ilusión de volver a jugar en Asobal"

O xogador recoñeceu que se decidiu polo equipo pontevedrés porque "me gusta la filosofía de juego de Quique Domínguez", con quen coincidiu na etapa viguesa.

Moledo a pesar de actuar habitualmente no extremo asegurou que pode desempeñar o papel de lateral dereito. Ademais tamén declarou que a súa intención é "seguir mejorando como jugador. Tengo la ilusión de volver a jugar en Asobal".

O próximo xoves o Teucro presentará oficialmente ao gardameta Iago Gómez, que procede do Calvo Xiria de Carballo.