Daniela Suárez, primeira galega convocada polo equipo nacional absoluto de natación artística

Pontevedra
10 de maio 2024

A deportista do Club Galaico Sincro acaba de ser convocada por primeira vez pola Selección Nacional Absoluta para participar nunha proba da Copa do Mundo en Canadá

Daniela Suárez, durante unha competición
Daniela Suárez, durante unha competición / Club Galaico Sincro

Novo paso na meteórica carreira de Daniela Suárez na natación artística.

A xoven nadadora pontevedresa, medallistainternacional en categorías inferiores, acaba de ser convocada por primeira vez pola Selección Española Absoluta.

Daniela é unha das promesas ás que darán a alternativa na terceira proba da Copa do Mundo, que se celebrará no Markham Pam Am Cemtre, en Canadá, do 31 de maio ao 2 de xuño. Unha cita pensada para gañar experiencia internacional mentres algunhas das principais deportistas españolas desta modalidade deportiva preparan a súa presenza en loa Xogos de París.

Supón todo un fito, e é que se converte desta maneira na primeira nadadora galega convocada polo equipo nacional absoluto.

Previamente á Copa do Mundo, Daniela Suárez deberá concentrarse do 23 ao 29 de maio no CAR de San Cugat do Vallés.