Daniela Suárez repite presenza na Selección Española Júnior e mira cara o Europeo e Mundial

Pontevedra
22 de xaneiro 2024

A deportista do Club Galaico Sincro entrou na segunda convocatoria da tempada do equipo nacional júnior de natación artística que terá lugar no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat do Vales (Barcelona) do 2 ao 10 de febreiro

Daniela Suárez, durante unha competición
Daniela Suárez, durante unha competición / Club Galaico Sincro

A pontevedresa Daniela Suárez dá un paso máis cara ao Europeo e Mundial de natación artística na categoría júnior, á que acaba de ascender esta tempada.

A deportista do Club Galaico Sincro volveu a entrar na convocatoria do equipo nacional da categoría, por segunda vez, ao ser citada a unha concentración de adestramento que se celebrará no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat do Vales (Barcelona) do 2 ao 10 de febreiro.

O obxectivo dos adestramentos é preparar os grandes campionatos internacionais de 2024.

Nese horizonte aparecen o Campionato de Europa que terá lugar do 9 ao 17 de xuño en Malta e o Mundial previsto en Lima (Perú) do 28 de agosto ao 1 de setembro.