Darío Costas consegue un bronce para a Gimnástica no Nacional Junior baixo teito

Pontevedra
21 de marzo 2016

O atleta da Gimnástica puxo a guinda en Sabadell a unha brillante tempada de pista cuberta mellorando a súa mellor marca persoal no Héptatlon

Darío Costas, xunto o seu adestrador Santi Ferrer en Valladolid
Darío Costas, xunto o seu adestrador Santi Ferrer en Valladolid / Sociedad Gimnástica de Pontevedra

O Campionato de España Junior de Atletismo en Pista Cuberta serviu de guinda á boa tempada baixo teito de Darío Costas.

O atleta da Gimnástica colgouse a medalla de bronce en Sabadell na proba de Héptatlon, na que ademais mellorou a súa mellor marca persoal e record galego deixándoo en 5.137 puntos.

Darío quedou a só 32 puntos da medalla de prata evidenciando a gran progresión dos últimos meses.

Tamén competiron en Sabadell Adrián Lago e Jorge Puig. O primeiro meteuse na final dos 1.500 metros, pero acabou en sexto lugar tras ser superado nos metros finais despois dunha carreira moi táctica.

Pola súa banda Jorge Puig correu a final dos 3.000 metros, pero unha lesión impediulle render ao seu mellor nivel e terminou optando pola retirada.