Joselyn Brea foi unha das grandes protagonistas do Trofeo Reconquista de atletismo disputado na pista de Balaídos, Vigo.
A atleta da Gimnástica impúxose comodamente nos 3.000 metros cunha gran marca, 9.34.93, que supón ademais un novo record nacional no seu país, Venezuela. Segunda foi a súa compañeira de equipo Paula Santos.
O club pontevedrés sumou ademais outras dúas vitorias, as de Alesandra Campo en salto de lonxitude e Marco Martínez nos 300 metros lisos da categoría cadete, sendo terceiro na mesma proba Antonio Paz. Marco foi ademais segundo no lanzamento de xavelina.
Tamén subiron ao podio María Jiménez ao ser segunda en lanzamento de disco sub-18 e Nicolás Fuentes (300 valas cadete), Marcos Villaverde (pértega cadete) e Lucía Ferrer (100 metros), que foron terceiros.
MILLA DE AVILÉS
En Asturias tamén tivo representación a Gimnástica, da man de Fernando Rial na Milla de Avilés, na que foi terceiro en edadd sub-18 e conseguiu a vitoria na categoría xuvenil.