Pontevedra estivo ben representada esta venres na Gala do Atletismo Galego, celebrada en Santiago de Compostela.
Entre os principais premios, concedidos ás entidades e deportistas máis destacados de 2015, dous deles recaeron no marinense Jean Marie Okutu e na Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
A veterana sociedade foi recoñecida como mellor club do ano 2015, mentres Okutu foi declarado como mellor atleta masculino polos seus logros na disciplina de salto de lonxitude.
Por parte da Sociedad Gimnástica tamén pasaron polo escenario Alejandro Hermelo, un dos atletas recoñecidos na categoría Promesa, Jorge Puig e Darío Costas na categoría Júnior e Francisco Quintáns na categoría Veterana. Tamén o adestrador Pablo Díaz, revelación de 2015.
No acto, celebrado na Cidade da Cultura, tamén distinguiuse a Solange Pereira como a mellor atleta feminina, Jose Carlos Tuñas e Marcos Otero como adestradores, o Comesaña Sporting Club recibiu a medalla de ouro da Federación e recoñeceuse a título póstumo a Jose María Pardo Montero. New Balance, Riazor Coruña, Vila de Cangas, as seleccións galegas de marcha e campo a través, a remuda 4x400, Televisión de Galicia, Gonzacar, Xoiería Camilo e os concellos da Coruña e Esgos completaron a nómina de premiados.