David García chega ao Pontevedra para "ayudar al grupo"

Pontevedra
05 de xullo 2013

O centrocampista preséntase aceptando o reto de loitar polo ascenso. O club presenta ao mesmo tempo dous futbolistas para o filial, Félix Aguín e Álex Cuesta

O Pontevedra Club de Fútbol presentou este venres á súa terceira fichaxe, o centrocampista zurdo procedente do Bergantiños David García Romero.

O xogador asina por un ano e asegura que a súa posición preferida está na medular, pero que pode adaptarse a outras posicións, como nalgunha das bandas. Así o confirma o propio futbolista, que di chegar só para sumar: "lo importante es ayudar al grupo".

David García cursará os estudos de INEF en Pontevedra, e non teme, segundo as súas palabras, a presión que supón asinar cun club como o granate: "en el Fabril también luchaba por ascender, no es nada nuevo para mí. La presión creo que es positiva, este es un club que tiene que estar arriba y la afición es de Primera, no creo que afecte negativamente".

DOBRE PRESENTACIÿN NO FILIAL

Aproveitando a posta de longo de David García el Pontevedra presentou a dous futbolistas para o equipo filial que disputará a Rexional Preferente.

Trátase de Félix Aguín, procedente do Unión Grove, e Álex Cuesta, que chega da Unión Deportiva Atios. Ambos os dous aseguraron que o seu obxectivo pasa por facer unha boa campaña que lle conceda oportunidades de ascender ao primeiro equipo.