Que poden ter Marín e Australia en común? Nos últimos días, o boxeo, e é que a vila acolleu durante unhas xornadas ao boxeador profesional australiano Jason 'Prince' Medawar.
O púxil atópase de xira de adestramento en Europa, e unha das súas paradas foi Marín para compartir sesións e experiencias cos deportistas do Team Thunder.
Ademais de seguir coa súa preparación Jason 'Prince' Medawar colaborou nas sesións dos 'Thunderkids', a escola de base do club.
Toda unha oportunidade para empaparse dos consellos dun profesional do ring nunha visita que consolida o traballo do Team Thunder, que a través da súa alma mater Aarón González foise dando a coñecer nos últimos anos fóra das froteras galegas e nacionais, con estancias entre outros lugares en Estados Unidos.
Doutra banda, ademais dunha visita enmarcada dentro do 'turismo deportivo', o Team Thunder empeza a ser foco de atracción, como demostra que o actual campión galego, o noiés Goyo Rubio, decidiu desprazarse a Marín para prepararse esta tempada.