Décimo sexto posto para Bea Gómez no primeiro día de competición do Europeo de Piscina Curta

Pontevedra
12 de decembro 2013

A nadadora pontevedresa non logrou clasificarse para a final nos 200 metros estilos, marcando un tempo de 2.10.96, case idéntico á súa mellor marca, lograda hai uns días en Castellón (2.10.93). Bea aínda disputará os 400 metros estilos, 200 braza e 400 libres

Bea Gómez durante o Campionato de España Open en Ponte Muíños
Bea Gómez durante o Campionato de España Open en Ponte Muíños / Diego Torrado

O debut de Bea Gómez no Campionato de Europa de Piscina Curta de Herning, Dinamarca, deparou un décimo sexto posto para a pontevedresa na proba de 200 metros estilos.

A nadadora do Galaico quedou a un segundo do décimo posto que daba acceso á final, marcando un tempo de 2.10.96, case idéntico á súa mellor marca lograda fai escasos días no Nacional de Castellón (2.10.93).

Ata o domingo Bea aínda competirá nos 200 braza este venres, os 400 libres o sábado e os 400 estilos o último día de campionato.

A participación galega en Herning a completa a ribeirense María Vilas, que nadará os 800 metros libres o venres e os 400 estilos o domingo.

CONCENTRACIÿN EN SERRA NEVADA

A dirección técnica da Real Federación Española de Natación anunciou este xoves a convocatoria do Equipo Nacional Absoluto que participará na concentración en altura planeada no Centro de Alto Rendemento de Serra Nevada entre os días 28 de decembro e 16 de xaneiro.

Alí estarán entre outros deportistas, as dúas nadadoras do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Bea Gómez e María Vilas.