A Casa das Campás, sede da Vicerrectoría do Campus de Pontevedra, será escenario dunha interesante mesa redonda en clave deportiva.
A charla virará sobre as lesións e como as afrontan os deportistas de elite, e contará con grandes nomes entre os que se atopan medallistas olímpicos e mundiais.
En concreto participarán na mesma as catro veces medallista olímpica e actual seleccionadora española de natación artística, Andrea Fuentes; así como o cinco veces campión mundial e prata olímpica de tríatlon Javier Gómez Noya, actual técnico do equipo nacional.
Xunto a eles estarán tamén Xisela Aranda, sete vecces campioa de España de squash, e Antía García, campioa mundial de salvamento acuático e a única das participantes aínda en activo.
A charla 'O deporte e as lesións, diferentes perspectivas' está coordinada polo fisioterapeuta Hugo Ogando e promovida pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra.
Será moderada pola xornalista e adestradora Sara Tabares.
Celebrarase o venres 26 de setembro con entrada de balde, aínda que coa necesidade de inscrición previa.
A charla porá o foco en "como as lesións ou outros acontecemientos traumáticos, a nivel persoal ou deportivo, inflúen na carreira deportiva ou na saúde mental", explicou a vicerreitora do campus, Eva María Lantarón.