A xornada 25 de liga en Primeira RFEF xa ten horarios confirmados.
Unha data con morbo para o Pontevedra Club de Fútbol, xa que nela debe recibir o Club Deportivo Lugo que dirixe o seu exentrenador Yago Iglesias, co que logrou o ascenso o pasado verán.
O derbi, con aroma a loita polo play-off de ascenso, xogarase o sábado 21 de febreiro ás 18.30 horas no Estadio Municipal de Pasarón.
Curiosamente o Lugo, noveno clasificado con 32 puntos e a 6 dos granates, foi o último en derrotar até a data ao Pontevedra na liga, xa que os de Rubén Domínguez encadean desde a súa visita ao Anxo Carro nin máis nin menos que nove xornadas sen perder, con seis triunfos.
Este encontro será ofrecido en directo pola canle lineal das principais plataformas audioviduales que emiten a Primeira RFEF, e tamén será televisado pola Televisión de Galicia.
Antes desa cita o Pontevedra aínda debe recibir este domingo 8 de febreiro (12.00 horas) en Pasarón o Real Madrid Castilla e visitar a domicilio o Cacereño o sábado 14 de febreiro (14.00 horas).