O Tenis de Mesa Monte Porreiro non puido brindarlle aos seus un triunfo na última xornada na casa da tempada.
O conxunto pontevedrés, co cuarto posto xa no peto, viuse superado en Príncipe Felipe por un Hortitec Alzira (1-4) que si se xogaba moito, a permanencia na máxima categoría do tenis de mesa nacional, a Superdivisión.
André da Silva cedeu o primeiro punto tras pelexalo durante cinco mangas contra o visitante Darius Emanuel Movileanu, pero reaccionaba o Visit Pontevedra igualando Miguel Ángel Vílchez ao vencer a José Ángel Guillot.
Ata aí chegou o Monte Porreiro, ao caer despois Martín Betancor, Vílchez e Da Silva nos seguintes partidos.
A pesar da derrota o Visit Pontevedra segue en cuarta posición da Superdivisión a falta dunha xornada para o final da liga, a que lle medirá a domicilio ao Irún Leka Enea.