O Visit Pontevedra recibiu esta fin de semana ao líder da clasificación, o Priego Tenis de Mesa. O pavillón do Príncipe Felipe acolleu este domingo o cuarto encontro da Superdivisión masculina de tenis de mesa, no que os de Monte Porreiro buscaban volver gañar ante o seu público.
O primeiro enfrontamento disputárono Bentancour por parte dos locais, fronte o portugués Diogo Ferreira. Foi este último o que empezou levándose un igualado primeiro set (11-13), para despois ceder só 5 puntos no segundo. O terceiro levouno o de Monte Porreiro pero de nada serviu xa que no último, o xogador do Priego foi máis forte e conseguiu o primeiro punto do encontro.
Co 0-1 a favor dos visitantes, chegou a quenda de Tomas Joffre que se enfrontou a Daniel Kosiba que levou o segundo punto para o seu equipo con facilidade gañando os tres xogos. A continuación Nico Galvano, igual que os seus compañeiros, nada puido facer ante Carlos Machado. A pesar de que o xogador do conxunto pontevedrés competiu no primeiro xogo, viu como en dous xogos, os líderes da clasificación poñían o 0-3 no partido.
Bentancour volvía competir, esta vez fronte a Daniel Kosiva. O xogador do Visit impúxose o seu rival nos tres últimos xogos a pesar de ceder os dous primeiros, logrando un punto para os de Pontevedra. Co 1-3 no marcador, chegaba de novo a quenda de Nico Galvano que venceu con facilidade ao seu rival.
Co Monte Porreiro recortando distancias, Tomas Joffre xogábao todo ante Carlos Machado, que se mostrou moi superior e venceu en tres xogos.
Con este resultado (2-4), o Tenis de Mesa Monte Porreiro acumula a súa segunda derrota esta tempada. A próxima xornada desprazarase a Guipúscoa para enfrontarse ao segundo clasificado, o Irun Leka Enea.
Consulta a acta do partido entre o Visit Pontevedra-Priego TM na seguinte ligazón.