Era un difícil rival para o seu primeiro partido de pretempada, un equipo de Primeira División como o Ourense Envialia e moito máis rodado posto que a súa liga comeza esta mesma semana, pero o Leis Femenino deixou boas sensacións na súa estrea.
En partido correspondente á fase de grupos da Copa Xunta as rapazas de Jacobo Estors caeron por un claro 8-3 en Ourense pero mostraron unha positiva imaxe na segunda metade do choque.
Na primeira parte o Ourense foi moi superior (5-1), pero tras o paso por vestiarios as pontevedresas quitaron a presión para recortar distancias (5-3) e mesmo desperdiciar un penalti a falta de seis minutos antes de que as locais sentenciasen o encontro.
O segundo e último compromiso do Leis na Copa Xunta disputarase o próximo 17 de setembro, mércores, cun enfrontamento ante o Poio Fútbol Sala no Pavillón Municipal dos Deportes a partir das 21:00 horas.