Acusou en exceso as baixas o Peixe Galego na súa visita ao Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense (74-54).
As ausencias de homes importantes como Andrés Miso ou Cabanas, e tamén a de Emilio Oubiña, lastraron aos de Javi Llorente, que se viron superados desde o primeiro cuarto.
De saída viuse a que sería a tónica do partido, cun parcial de 23-11 para os locais cun equipo marinense que non atopaba a tecla en defensa e tampouco en ataque.
Os de Javi Llorente igualaron o xogo no segundo parcial, pero só Derksen (20 puntos) acertaba en ataque e non lograban recortar distancias ao descanso (40-27).
No terceiro cuarto mantívose esta tónica, pero no definitivo o Ourense volveu acelerar para sentenciar o choque para desesperación 'peixe'.