Respira un pouco o Pontevedra tras a resonancia magnética á que foi sometido Kevin Presa.
Máis aló da leve escordadura no seu xeonllo diagnosticado o luns, a proba médica non revela ningunha outra lesión de consideración, polo que o centrocampista podería mesmo estar o vindeiro domingo en Guijuelo, aínda que a evolución das molestias nos próximos días marcará a súa dispoñibilidade.
Polo menos Luismi non dá por perdido a Kevin, como tampouco ao resto de futbolistas que arrastran problemas físicos nunha enfermería que se atopa chea de efectivos.
Adrián León continúa adestrando á marxe do grupo, do mesmo xeito que Kevin, no seu caso por culpa de molestias na zona isquiotibial, aínda que "por sensaciones parece que llegará", confirmou o técnico granate. Ademais Berrocal e Campillo recupéranse de senllos golpes, mentres que o quinto 'tocado' é Nacho López.
"De los cinco que tenemos tocados si podemos salvar a tres arreglamos", asegurou o adestrador pontevedrés, cuxa máxima preocupación céntrase na retagarda, tanto en defensa como no posto de medio centro de contención.
Polo momento, os únicos descartados para a cita en Guijuelo son os lesionados Álex Fernández, Romay e Churre.